Crónica Mondoñedo
Os pilotos do MC Enduro Lucense desprazáronse a Mondoñedo para disputar unha nova proba da LGMC.
Desta volta 14 participantes competiron nas diversas categorías, sendo un dos clubes que máis pilotos aporta.
O enduro disputouse por un rali moi bonito, largo e moi machacon, con continuos sube baixa e cambios de ritmo.
En canto as cronos, disputabánse duas por volta. Unha delas situada no polígono, plana , con pequenos saltos e obstáculos. A outra máis complicada discurria baixo un tendido eléctrico e en pendiente lateral.
Desta volta so o piloto do Clube Óscar Regueiro conseguía subir o caixón do segundo posto en E3. E con esta xa son 2 podios consecutivos; A Golada, e Mondoñedo. Lástima de Juan Rubio que quedou as portas o rematar en cuarto posto en Open 4T.
Así mesmo mágoa de Álvaro Becerra que se mancou nun xeonllo o pasar o obstáculo das rodas. Dende o Motoclube desexámolle unha pronta recuperación.
Ata próxima carreira que se disputará en Quiroga no mes de Xunio. A ver se superamos o número de participantes, ainda que vai ser difícil.